luns, 30 de xuño de 2014

Repaso para as vacacións

Para descargar o material de repaso só tendes que premer na frecha inclinada na parte superior dereita. Unha vez se abra a nova pestana, premer en arquivo e descargar.





Experimento

Na última semana de curso aprendimos un pouquiño máis sobre o aire e o espazo que ocupa da man de Nuala e o seu irmán Pablo, gañadores do terceiro premio de Pontenciencia, no apartado Ciencia Familia.

luns, 23 de xuño de 2014

Coida o Planeta

E velaquí as nosas estelares actuacións da nosa canción "Coida o Planeta" que fixemos no Teatro Principal, con motivo do Festival do Medio Ambiente; así como no noso cole, o Día das Letras Galegas.




Tamén no Festival das Letras Galegas, Uxía e Ismael de 1º B participaron cantando a canción "Meu mundo é" con linguaxe de signos.

Vai de Osos

A mamá de Ana Uxía veu contarnos dous contos de osos: "O soño do osiño rosa" e "O oso atrapabolboretas".

Motísimas Grazas por vir!!

venres, 13 de xuño de 2014

Excursión de fin de curso

Que ben o pasamos na excursión de fin de curso! 
E iso que o tempo non nos acompañou o suficiente... Mais, fixemos un montón de cousas! Fomos ao Zoo da Madroa, ao Museo do Mar e comemos nun colexio que nos acolleu, onde coñecemos a outros nenos e nenas.

luns, 19 de maio de 2014

Día das Letras Galegas

Aquí vos deixo dúas actividades LIM para que repasedes o que vimos hoxe na clase sobre a vida e obra de Xosé Manuel Díaz Castro, escritor ao que se adicou o Día das Letras Galegas 2014.

A primeira é máis fácil e a segunda algo máis difícil para os máis atrevidos. 

Saída ao horto escolar

sábado, 3 de maio de 2014

Día do Libro

Con motivo do Día do Libro, fixemos esta bonita actividade organizada polo Equipo de Biblioteca, que consistiu nunhas "lecturas titorizadas" nas que os pequenos leron aos maiores e viceversa.

Todo un éxito!! 

luns, 28 de abril de 2014

Trotacontos

"A bruxa Lagareta" é a historieta creada polo alumnado de 1º para a actividade do "Trotacontos". Este conto formará parte dun libro, no cal estarán todos aqueles relatos feitos nos centros educativos de Pontevedra que participaron. 










domingo, 27 de abril de 2014

Contacontos en 1º A

Esta semana tivemos a visita da mamá de Paula Azcueta, que nos contou dous contos: "En los hombros de Papá" e "O embigo de Xanecas". 

Agradecemos moito a visita!

Jean Dubuffet

Para diferenciar as liñas rectas das curvas, fixemos esta actividade, que consistía en imitar ao pintor Jean Dubuffet, facendo liñas curvas negras de xeito aleatorio, e despois encher os espazos baleiros con liñas rectas azuis e vermellas. 

E así sairon as nosas obras de arte!