sábado, 25 de xuño de 2016

A FRAGA DE 1º


OS NOSOS TRABALLOS ARTÍSTICOS

E, ainda que xa pudestes velas no cole, aquí tedes as obras artísticas que decoran o corredor de 1º. 

Imitamos unha obra da pintora Ana Legido con recortes de distintos tipos de papel e con plastilina.


Fixemos mans en 3D empregando as nosas propias mans, rotuladores e unha regra.


Descubrimos debuxos máxicos que aparecían ao pintar con témperas sobre cera branca.


Completamos composicións de medios de transporte previamente realizados con plantillas.


Desenvolvimos a nosa creatividade deseñando con liñas rectas de cores.


Construimos castelos, uns máis reais e outros máis abstractos, recortado as pezas dun crebacabezas e pegándoas despois.




 Empregamos formas xeométricas para facer deseños libres en papel e cartolina.



E para rematar as aulas, xa no último día, fixemos estes fermosos debuxos cooperativos, en equipo, empregando pincel e témpera.



Sodes uns verdadeiros artistas!