martes, 17 de decembro de 2013

B, V e W






Mural da Vendima

Como xa sabedes, ao longo do primeiro trimestre, traballamos o tema da Vendima. Por iso no corredor, todos os nenos e as nenas de 1º ciclo construimos este precioso mural con diversas escenas relacionadas co proceso da vide, dende a recolleita da uva ata a formación do viño.

luns, 16 de decembro de 2013

Postais de Nadal

Aquí tendes as Postais de Nadal que imos intercambiar os nenos e as nenas de 1º con outros rapaces do cole. 
Puxémoslle moita dedicación: picamos, recortamos, coloreamos, repasamos e debuxamos. 
Esperamos que lles gusten moito!

Ll, ya, ye, yi, yo, yu





Mural Outono

Aquí tendes o mural do Outono que construimos ao longo de todo o 1º trimestre e que lucimos no corredor do cole.
Como podedes ver, utilizamos follas de diversos tamaños para calcalas coas ceras, e así de estupendas nos quedaron! 
Tamén temos unha mesa cunha pequena mostra de froitas propias desta estación.

La gallina roja y el grano de trigo

A mamá de Nuala, veu contar o conto de "La gallina roja y e grano de trigo" á clase de 1º A.
Velaquí as fotografías e o vídeo do conto. 
Moitas grazas por participar na hora de ler!


luns, 2 de decembro de 2013

Adiviñas en 1º A

Pipo

A semana pasada o papá de Unai, veu a 1º B a contarnos o conto de Pipo, un morcego que non sabía voar.
Moitas grazas por compartir connosco esta fermosa histora!

O Libro do Outono

Velaquí o libro do outono que elaborou o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do cole con todos os traballos que fixestes. 
Quedou precioso!! Parabéns por este gran traballo!


Ver o blog do ENDL "A palabra saborosa"

Agasallos do traslienredo

Estes son os agasallos que recibiron os nosos rapaces e rapazas de 1º por resolver o primeiro traslienredo. Se queredes ver as fotografías premede na imaxe!


domingo, 24 de novembro de 2013

Láminas do obradoiro "Pinceladas Máxicas"

Onda Cero

Esta semana os nenos e as nenas de 1º xunto con outros compañeiros do cole participamos no programa Onda Cero. 
Como no Primeiro Ciclo estivemos traballando este trimestre o Proxecto da Vendima, os nenos de 2º fixeron unha presentación do proxecto, e os de 1º tamén gravamos: 1º A recitou unhas adiviñas e 1º B cantou a cantiga "A vendima".
Velaquí as fotografías.


xoves, 21 de novembro de 2013

K, Q, C, Z






Ranilda

A semana pasada tivemos unha visita moi especial en 1º A. O papá de Nuala veu contarnos a historia de "Ranilda".

Moitas grazas por compartir connosco este precioso conto!

domingo, 17 de novembro de 2013

Letras vogais e consoantes


Iniciación á lectoescritura

Preme na imaxe e entrarás nunha vila moi particular, con moitísimos xogos de ler, de escribir, de atención, de crebacabezas, etc. 


Palabras con "m", "p" e "l".

O Magosto en 1º

"O come castañas", "a zapatilla por detrás" e "o xogo da culler" foron os tres xogos populares nos que participamos no Magosto os nenos e as nenas de Primeiro. 
Tamén fixemos un baile por parellas coa castaña na fronte e na barriga, evitando que nos caíra ao chan.
E como broche final a este gran día, unha merenda de castañas asadas!

Pinceladas Máxicas

O mércores fixemos unha saída ao Café Moderno para facer o obradoiro "Pinceladas Máxicas". 
Primeiro pintamos tres láminas: unha con cores claros, empregando xices; outra con cores escuros, utilizando ceras brandas; e a última mesturando as dous elementos. 
Despois visitamos a exposición e observamos nos cadros, as diferencias entre as cores claras e as escuras; e tamén aprendemos que é un retrato, unha paisaxe e un bodegón. 

H


Degustación de froitas de outono

O martes pasado fixemos en 1º unha degustación de froitas de outono. Probamos caquis, granadas, mandarinas, laranxas, peras, mazás, améndoas, noces, feixoas, etc. Algunhas tiveron moito éxito, como as améndoas e as mandarinas, outras non tanto, como as feixoas ou os dátiles. 
Deste xeito, aprendemos moitas cousas, como: coñecer novas froitas, os seus nomes, observar como se escriben, saber como se denominan as árbores que dan estes froitos e visualizalos con google imaxes. 

luns, 11 de novembro de 2013

RR


A vaca Paca non sabe ler

Hoxe tivemos unha sesión de lectura moi especial en 1º B! Tres mamás moi valentes nos viñeron representar un conto moi chulo: "A vaca Paca non sabe ler". 

Pobre vaquiña... ela pensaba que sería capaz de ler cunha lupa... mais pedindo consello aos seus amiguiños, chegou á conclusión de que ir á escola era a única solución; e que contenta quedou!

Moitas grazas por facérnolo pasar tan ben!

venres, 8 de novembro de 2013

I Festival de Música sobre o medio que nos rodea

Este xoves viñeron a expoñernos cómo será a participación no "I Festival de Música sobre o medio que nos rodea". Nesta charla aprendemos un montón de cousas sobre a reciclaxe, a enerxía e a biodiversidade. Agora toca investigar se no noso medio respectamos ou non a natureza e elaborar a nosa canción para participar neste festival.

Visita de Traslí



Hoxe Traslí visitounos ás aulas cun "traslienredo" que tivemos que resolver. A solución soubémola rapidamente, era Traslí! 
Despois de adiviñar o "traslienredo" debuxamos á nosa querida mascota vestida de cociñeira.





A Castañeira

Actividade lim sobre o Magosto


-

Cogomelos en 1º

Esta semana tivemos a visita dunha alumna de 4º C, Lucía, que nos trouxo unha cesta chea de cogomelos. 

F e R




luns, 28 de outubro de 2013

Un estupendo Sistema Solar!

A semana pasada visitounos Pablo de 4º A, irmán de Nuala de 1º A, cun Sistema Solar elaborado por eles na casa. Pablo explicounos cales eran os distintos Planetas e como xiran arredor do Sol. 
Estivo moi interesante, bo traballo!                             

sábado, 26 de outubro de 2013

Tres contos de medo!







Actividades LIM sobre o Samaín




A Caixa Máxica

Aquí tendes a presentación de fotografías relizadas en 1º B na asemblea, realizando a actividade da Caixa Máxica, unha caixa que non só nos permitiu presentarnos e coñecer os gustos dos compañeiros e compañeiras, senón tamén aprender a escoitar, expresarse e respectar a quenda de palabra.

mércores, 23 de outubro de 2013

Lectoescritura

Este xogo resulta moi interesante para para afianzar a lecto-escritura.

Contén actividades como: práctica de trazos, recoñecemento de letras e sons, construción de palabras, pequenos ditados, etc.

Lembrade que polo momento na clase vimos as vogais e as consantes p, m, n, ñ, l , t, d, s, y e j.

Para comezar, premede nesta imaxe, selecionade o nivel que vos interesa e a xogar!



venres, 18 de outubro de 2013

A castaña que rebentou coa risa

E xa que estamos no tempo... un conto dunha castaña moi simpática!

Debaixo tamén tendes diversas actividades e xogos de comprensión sobre o conto en formato LIM.






-

Primeiro na Biblioteca.

Esta foi a primeira visita dos nenos e nenas de primeiro á Biblioteca. 
Nela, coñeceron a Traslí, a nosa mascota, que estaba vestida de cociñeira.
Tamén disfrutaron dun conto moi especial, narrado pola nosa compañeira, Moncha: "El oso que amaba los libros".
E finalmente, recibiron os carnés para comezar co préstamo, xa que estes raparigos e raparigas, ao igual que o oso do conto, tamén aman os libros.



D, J e Y






domingo, 13 de outubro de 2013

O proceso de elaboración do viño

Actividade lim "Outono"

Para os que queiran saber máis...

Comparto convosco este estupendo traballo sobre a Ribeira Sacra e a vendima, realizado polo CEIP Francisco Xabier da Coruña. 

Despois de ler toda a información tendes un apartado que vos permite facer unha comprobación do que aprendestes na parte inferior dereita.

Para comezar premede na imaxe. 





Unha coelliña na clase!

Este venres, Lorena de 2º B xunto coa súa mamá, contaron un conto titulado "O coello sen orellas", e tamén trouxeron á clase a súa coelliña Patri para que a coñeceran os seus compañeiros e compañeiras.

Que sorte tivemos que tamén nos viñeron visitar a 1º! 


sábado, 5 de outubro de 2013

Probamos os acios


Esta semana en 1º B, os nenos e nenas probaron as uvas que foron traendo: rosadas, brancas e tintas.

Todas riquísimas!!!

Pazo de Baión

Esta semana a alumna de 1º B, Libi, compartiu connosco este libro sobre o Pazo de Baión, e observando as súas fotografías aprendimos moitísimas cousas!
Primeiro, chegamos á conclusión de que se trataba dun Pazo, unha casa señorial de tradición galega, cunha finca de parras enoooooorme. Por iso que moi pobres non habían ser!
Decatámonos de que a casa estaba situada en Baión (Vilanova de Arousa), e como contiña fotos en branco e negro e outras a cor, razoamos que unhas eran antigas e outras novas. Vimos tamén unha imaxe dun hórreo e un pombal e falamos sobre a súa utilidade. Observamos o lugar onde producen o viño, e por último estimamos o ano no que data a orixe do Pazo.



Os recunchos do Proxecto





P, L e M.

Esta semana contamos a historia das letras P, L e M e apendemos a facer a súa grafía. 
Aquí tendes os vídeos que puxemos na clase.






sábado, 28 de setembro de 2013

Actividade lim "A vendima"


Ficha de investigación

Lembrade traer esta semana á clase a ficha de investigación, así como algunha outra cousa sobre a vendima para observar ou decorar.

Graciñas.

Os nosos acios

Observamos os acios

Tamén observamos distintas clases de uvas: catalana, mencía, albariño, de mesa... grazas a dous compañeiros de segundo que nos viñeron visitar cunha cesta repletiña de bagos!


A longa viaxe do acio

Xa que estamos a traballar o tema da vendima, esta semana limos este conto elaborado polas mestras, que nos achega con sinxeleza e fantasía ás diversas fases polas que atravesa a uva.
Máis cousas sobre a vendima.

A vendima

Esta semana comezamos un proxecto sobre a vendima, partindo do cadro de Francisco de Goya
A través del, os rapaces e rapazas analizaron os diferentes elementos que se observan e nos contaron todo o que saben sobre as uvas. E saben un montón de cousas! 

Agora toca investigar!


sábado, 21 de setembro de 2013

Xogos de sumar

Para practicar a suma con debuxos.



Sumas en horizontal.



Sumas en vertical.



Máis sumas: dous números, un díxito.


As vogais

Esta semana coñecemos a historia de Letrilandia e comezamos a facer o trazo das vogais.


Tamén vimos un video moi divertido sobre as vogais. Aquí volo deixo para que o desfrutedes na casa!


Primeiro día de cole en 1º B

mércores, 11 de setembro de 2013

Benvid@s

Benvid@s ao blog de Primeiro do C. E. P. Marcos da Portela!

Hoxe comezamos novo curso con moitas ganas, nervios e ilusión, e con el tamén abrimos este recuncho especial, no que as profes Magdalena e Olga, iremos amosando algunhas cousiñas da vida escolar dos nosos nenos e nenas. A finalidade é, tanto motivar ao alumnado, como informar ás familias de todas as actividades que se vaian realizando. Así que estade atent@s!