A semana pasada visitounos Pablo de 4º A, irmán de Nuala de 1º A, cun Sistema Solar elaborado por eles na casa. Pablo explicounos cales eran os distintos Planetas e como xiran arredor do Sol.
Aquí tendes a presentación de fotografías relizadas en 1º B na asemblea, realizando a actividade da Caixa Máxica, unha caixa que non só nos permitiu presentarnos e coñecer os gustos dos compañeiros e compañeiras, senón tamén aprender a escoitar, expresarse e respectar a quenda de palabra.
Este venres, Lorena de 2º B xunto coa súa mamá, contaron un conto titulado "O coello sen orellas", e tamén trouxeron á clase a súa coelliña Patri para que a coñeceran os seus compañeiros e compañeiras.
Que sorte tivemos que tamén nos viñeron visitar a 1º!
Esta semana a alumna de 1º B, Libi, compartiu connosco este libro sobre o Pazo de Baión, e observando as súas fotografías aprendimos moitísimas cousas!
Primeiro, chegamos á conclusión de que se trataba dun Pazo, unha casa señorial de tradición galega, cunha finca de parras enoooooorme. Por iso que moi pobres non habían ser!
Decatámonos de que a casa estaba situada en Baión (Vilanova de Arousa), e como contiña fotos en branco e negro e outras a cor, razoamos que unhas eran antigas e outras novas. Vimos tamén unha imaxe dun hórreo e un pombal e falamos sobre a súa utilidade. Observamos o lugar onde producen o viño, e por último estimamos o ano no que data a orixe do Pazo.