A semana pasada fixemos un obradoiro chamado "Abrazando os pingüíns", no cal visitamos unha exposición fotográfica sobre a natureza e os animais. Tamén fixemos uns ourizos con follas que quedaron moi chulos! Aquí tendes as fotos da visita.
martes, 9 de decembro de 2014
Concurso Melodía da Igualdade
Noraboa a Paula Azcueta de 2º A por este debuxo tan fermoso que resultou premiado no concurso "Melodía da igualdade", organizado polo Concello de Pontevedra e pola Fundación Meniños.
PARA VER AS FOTOS E A ENTRADA NO BLOG DO ENDL"A PALABRA SABOROSA", PREME AQUÍ!!!
martes, 2 de decembro de 2014
Ciclos de medo en 2º
Este mes de novembro, fixemos os "Ciclos de medo". Consistiu nunha actividade na que os alumnos e as alumnas de cada nivel, foron contar o conto de medo creado na semana do Samaín, por cada aula aos outros nenos e nenas.
Aquí tendes os nosos contos.
mércores, 26 de novembro de 2014
Tema 2: A alimentación
Aquí tendes estas actividades para repasar todo o que vimos no tema 2 de Coñecemento do Medio: os tipos de alimentos, a pirámide alimenticia, unha alimentación equilibrada, etc.
luns, 24 de novembro de 2014
Celebrando o Magosto
Velaquí as fotografías dos nosos nenos e nenas celebrando o Magosto. Pasárono en grande xogando ao Memory, ás carreiras de sacos, bailando e comendo castañas. Os seus sorrisos xa o din todo!
E se queredes ver o vídeo que elaborou o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística premede nesta ligazón:
sábado, 8 de novembro de 2014
mércores, 15 de outubro de 2014
Xerador de sumas e restas
Practica as sumas e as restas con estas dúas actividades en liña.
Lembra que nas sumas podes escoller levando ou sen levar, e nas restas só deberías escoller a opción sen levar, xa que aínda non o vimos na clase.
O número máximo será o 99.
Por último dálle ao botón "Generar" e ponte a calcular!
Test de velocidade lectora
Agora que xa sabes ler de marabilla, comproba a túa velocidade lectora con este xogo.
Preme na frecha e escolle as opcións que prefiras: maiúscula ou minúscula e dúas, catro, seis ou oito palabras de pasada.
Canción do corpo
E para aprender máis sobre o corpo canta esta canción con estes nenos e nenas de 2º.
xoves, 2 de outubro de 2014
O alfabeto castelán
Memoriza o alfabeto castelán con estes vídeos!
O primeiro vídeo contén as 27 letras do alfabeto, e o segundo inclúe tamén os dígrafos "ch" e "ll".
O corpo humano
Pon en práctica todo o que aprendeches no tema 1 de Coñecemento do medio sobre o corpo humano nesta actividade LIM.
luns, 30 de xuño de 2014
Repaso para as vacacións
Para descargar o material de repaso só tendes que premer na frecha inclinada na parte superior dereita. Unha vez se abra a nova pestana, premer en arquivo e descargar.
Experimento
Na última semana de curso aprendimos un pouquiño máis sobre o aire e o espazo que ocupa da man de Nuala e o seu irmán Pablo, gañadores do terceiro premio de Pontenciencia, no apartado Ciencia Familia.
luns, 23 de xuño de 2014
Coida o Planeta
E velaquí as nosas estelares actuacións da nosa canción "Coida o Planeta" que fixemos no Teatro Principal, con motivo do Festival do Medio Ambiente; así como no noso cole, o Día das Letras Galegas.
Tamén no Festival das Letras Galegas, Uxía e Ismael de 1º B participaron cantando a canción "Meu mundo é" con linguaxe de signos.
Vai de Osos
A mamá de Ana Uxía veu contarnos dous contos de osos: "O soño do osiño rosa" e "O oso atrapabolboretas".
Motísimas Grazas por vir!!
domingo, 22 de xuño de 2014
venres, 13 de xuño de 2014
Excursión de fin de curso
Que ben o pasamos na excursión de fin de curso!
E iso que o tempo non nos acompañou o suficiente... Mais, fixemos un montón de cousas! Fomos ao Zoo da Madroa, ao Museo do Mar e comemos nun colexio que nos acolleu, onde coñecemos a outros nenos e nenas.
luns, 2 de xuño de 2014
luns, 19 de maio de 2014
Día das Letras Galegas
Aquí vos deixo dúas actividades LIM para que repasedes o que vimos hoxe na clase sobre a vida e obra de Xosé Manuel Díaz Castro, escritor ao que se adicou o Día das Letras Galegas 2014.
A primeira é máis fácil e a segunda algo máis difícil para os máis atrevidos.
A primeira é máis fácil e a segunda algo máis difícil para os máis atrevidos.
sábado, 3 de maio de 2014
Día do Libro
Con motivo do Día do Libro, fixemos esta bonita actividade organizada polo Equipo de Biblioteca, que consistiu nunhas "lecturas titorizadas" nas que os pequenos leron aos maiores e viceversa.
Todo un éxito!!
luns, 28 de abril de 2014
Trotacontos
"A bruxa Lagareta" é a historieta creada polo alumnado de 1º para a actividade do "Trotacontos". Este conto formará parte dun libro, no cal estarán todos aqueles relatos feitos nos centros educativos de Pontevedra que participaron.
domingo, 27 de abril de 2014
Contacontos en 1º A
Esta semana tivemos a visita da mamá de Paula Azcueta, que nos contou dous contos: "En los hombros de Papá" e "O embigo de Xanecas".
Agradecemos moito a visita!
Jean Dubuffet
Para diferenciar as liñas rectas das curvas, fixemos esta actividade, que consistía en imitar ao pintor Jean Dubuffet, facendo liñas curvas negras de xeito aleatorio, e despois encher os espazos baleiros con liñas rectas azuis e vermellas.
Mural de Rosalía de Castro
Con motivo do Día de Rosalía e do Día da Poesía, os nenos e nenas de 1º, foron copiando e ilustrando diversos fragmentos das súas poesías, e con elas costruimos este fermoso mural.
luns, 31 de marzo de 2014
As plantas
Preme na primeira imaxe e accederás a un xogo LIM para repasar as partes das plantas e apreder moitas máis cousas.
E se queres plantar ti mesmo, podes entrar no Xardín Máxico de Dora facendo click na segunda imaxe.
Actividade Medio Ambiente
Despois de facer unha investigación sobre o aproveitamento da enerxía, os residuos e a auga no cole, o alumnado de 1º elaborou unha canción sobre o medio ambiente "Coida o planeta", para concienciar do que facemos ben e mal no noso centro.
Velaquí as fotografías nas que estamos a preparar a canción coas profes desta actividade, promovida polo Concello.
A canción será representada no mes de maio nun Festival no que participarán moitos dos centros educativos de Pontevedra.
A canción será representada no mes de maio nun Festival no que participarán moitos dos centros educativos de Pontevedra.
O señor do lume
A semana pasada contamos coa visita do papá de Ana Uxía de 1º B e a mamá de Nuala de 1º A, que nos viñeron contar un conto para concienciarnos sobre o coidado dos bosques e sensibilizarnos co problema dos incendios forestais.
Moitas grazas por vir!
sábado, 29 de marzo de 2014
domingo, 23 de marzo de 2014
A nosa aportación ao Salón do Libro
Se queredes ver este precioso traballo feito polo noso alumnado de 1º, non tendes máis que visitar o Salón do Libro deste ano "Cociñando Contos", que estará aberto ata o 5 de abril.
E xa vedes... cando algo lles motiva, vaia cousiñas que fan!!! E nós, orgullosísimas co resultado!!
martes, 11 de marzo de 2014
luns, 24 de febreiro de 2014
domingo, 2 de febreiro de 2014
Contacontos en 1º A
Tomás, o papá de Xabi de 1º A, contounos dous contos este venres: "Os bolechas. Polo río Lérez vai un peixiño" e "O zapateiro e os trasnos". O que máis nos gustou foi o do zapateiro e os trasnos.
Moitas grazas por vir!
Debuxos sobre Nelson Mandela
Esta semana celebramos a Paz achegándonos á figura de Nelson Mandela e facendo estes debuxos que retratan a súa vida. Todos están expostos no vestíbulo, xunto con outros traballos que se fixeron no cole.
Quedaron preciosos!
martes, 21 de xaneiro de 2014
luns, 20 de xaneiro de 2014
As articulacións
Aquí tendes un vídeo explicativo sobre as articulacións para repasar o que vimos na clase,
unha canción para lembrar os seus nomes e...
un xogo para aprender moito máis!
domingo, 19 de xaneiro de 2014
sábado, 18 de xaneiro de 2014
mércores, 15 de xaneiro de 2014
Concurso de pintura Meniños
Este curso participamos no concurso de pintura da Fundación Meniños, centrado no dereito á saúde. Aquí tendes as fotografías de Nuala recollendo o diploma. con todos os demais premiados.
Noraboa por ese fantástico debuxo!
Noraboa por ese fantástico debuxo!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)