luns, 16 de novembro de 2015

Vampiros tremebundos

Para meter medo este Samaín, elaboramos estes vampiros empregando material de refugallo e plastilina. 

Árbores de outono

Os nenos e as nenas de 1º fixemos estas árbores de outono con témpera e bastociños. O resultado salta á vista: verdadeiras obras de arte!

Traballos plásticos de outono

Coa chegada do outono, moitos animaliños saen polo souto. Estas son as nosas versións artísticas deles. 



domingo, 7 de xuño de 2015

A nosa curta de animación: "A viaxe das bolboretas"

Como xa sabedes, este ano, os alumnos de 1º e 2º, nos embarcamos nun proxecto promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, a CRTV e a editorial OQO: Nós tamén creamos.

Neste proxecto tiñamos que realizar unha curta de animación dun conto de OQO. 

Nós escollemos este, e o resultado despois dun longo proceso traballoso pero tamén moi motivador, aquí o tendes!


No noso corredor poderedes ver toda a escenografía e os personaxes.

Vos animo a entrar na web de NÓS TAMÉN CREAMOS para votar polo noso vídeo.



martes, 24 de febreiro de 2015

O meniño Nito

Coas mans baleiras

Por un uso responsable das tecnoloxías

Todos e todas sabemos que a sociedade actual require do saber dixital, así como que as tecnoloxías son un bo medio de entretemento e mesmo un recurso educativo. Mais tamén son un recurso que precisa de pautas de control e supervisión por parte dos adultos.

Por este motivo, e por se tedes dúbidas ao respecto, comparto con vós estas dúas ligazóns, nas que poderedes ver información e consellos sobre como ensinar aos nenos e nenas a utilizar as novas tecnoloxías dun xeito responsable. 

http://www.educastur.es/index.php?option=com_content&task=view&id=1187&Itemid=202

http://www.huffingtonpost.es/cris-rowan/influencia-de-la-tecnologia-ninos_b_4043967.html

http://www.de0a18.net/pdf/doc_tecno_uso_responsable_tecnologia.pdf

domingo, 22 de febreiro de 2015

ENTROIDO 2015

Queredes ver as fotos do Entroido? Pois premede nesta imaxe, que vos levará ao blog de normalización, "A palabra saborosa", e ollade o guapos e guapas que estabades!




mércores, 21 de xaneiro de 2015

Abre a túa porta

"Abre a túa porta" é o blog que nace co Proxecto de intercambio e convivencia que ten lugar entre o noso centro e o CEIP Isidora Riestra de Poio, e que se repite por segunda vez este ano, dado o éxito o curso pasado.

O Proxecto consiste na interrelación entre o alumnado dos dous colexios e o achegamento a través de diversas formatos textuais ou dixitais: postais, cartas, murais, vídeos, etc.

Os obxectivos son fundamentalmente dous:

- Coñecer nenos e nenas doutros contextos, neste caso pertencentes a unha zona máis rural, e por tanto, valorar a diversidade, así como adquirir habilidades sociais.
- Dar sentido á escritura, empregando textos significativos ou medios dixitais.

Este curso participan 1º, 2º e 3º nivel. E polo de agora, fixéronse dúas actividades: a presentación entre cada aula de cada nivel a través de murais e a visita dos nosos nenos e nenas ao outro centro.

Preme aquí para ver o blog ou escribe na barra de dirección:



Aquí poderás ver as fotos e os vídeos do noso primeiro encontro!


Animais vertebrados e invertebrados

Aquí vos deixo os dous vídeos que vimos na aula sobre os animais vertebrados e invertebrados, así comno un xogo online para repasar os contidos.







domingo, 18 de xaneiro de 2015

Las princesas también se tiran pedos

E xa que tanto vos gustou, aquí tendes este conto tan gracioso que estivemos lendo na hora de ler esta semana, por se o queredes volver botarlle unha ollada.

A auga

Aquí podemos de novo os vídeos que vimos na aula sobre o tema da auga: os tres estados e o ciclo da auga. 

Ao final tendes un xogo interactivo para repasar o que aprendimos. Premede da imaxe.








Postais Nadal 2014